CRTVG

Buscar

Bo tempo inesperado para os peregrinos que veñen a Compostela

Publicado o 13/02/2019 14:00

Son poucos os peregrinos que desafían o inverno facendo o Camiño de Santiago. Neste meses nos que as inclemencias do tempo complican as duras etapas de andaina, os camiñantes agradecen xornadas sollerias como as que os acompañan estes últimos días.

"Moi ben, moi ben, hoxe foi frío pola mañá pero enseguida xa se entrou en calor e agora xa se está moi ben".

"O inverno está moi complicado. Os ultimos días está moi lindo por sorte saleu bastante sol".

"Moito sol, calorciño, pouco frío pero polo demáis moi ben".

Xornadas solleiras contra o mediodía, pero moi frías polas mañás cando comezan a camiñar. Un camiño de inverno no que, contra todo prognóstico, a chuvia foi practicamente anecdótica.

"Pois levo 10 horas penso que nos 31 días de chuvia. Iso si, pero moito frío e sobre todo a partir da ruta da Prata houbo días de 7, 8 baixo cero, pero camiñando non hai ningun problema, ben abrigado non hai ningun problema".

"Tiven un só día de chuvia e a verdade é que moi pouco, non me podo queixar, moito frío, pero lindos días".

"Collin un pouco de chuvia o primeiro día que comencei, pero despois moi ben, salvo esa etapa con neve, pero non moita, a neve polos nocellos e nada máis".

Coñecedores do clima de Galicia, agraceden que Compostela e o Apóstolo os reciban con sol.

Noticias web

13/02/2019