CRTVG

Buscar

BNG vs Vox: en que concellos foi máis forte cada un destes partidos?

Publicado o 12/11/2019 19:18
BNG vs Vox: en que concellos foi máis forte cada un destes partidos?

As eleccións xerais do domingo deixaron unha Galicia máis azul, cun Partido Popular recuperando a primeira praza, ao obter 470.000 votos. Os populares superaron en case 10.000 sufraxios o PSdeG-PSOE. E lonxe deles dous quedou En Común Unidas Podemos, que logrou 186.000 votos. E nun chanzo máis baixo quedaron BNG e Vox: os nacionalistas cuns 119.000 sufraxios e os de Abascal con case 115.000. O BNG avantaxou a Vox en 4.763 votos. 

Ao observar o mapa municipal, vemos como o PP logra subir ata ser a forza máis votada en 229 dos 313 concellos, fronte aos 83 en que gaña o PSOE e o único en que vence o BNG: o de Allariz. 

 

En todos os concellos de Galicia, a pugna entre os dous primeiros sempre foi PP-PSOE agás en Allariz, onde gañou o BNG, e Moeche, onde os nacionalistas obtiveron a segunda praza. Pero como foi a 'loita' entre o BNG e Vox concello a concello? Velaquí o mapa que mostra que formación obtivo máis votos en cada un dos 313 municipios.

Vox gaña sobre todo nos concellos da provincia de Lugo e Ourense e en catro das sete cidades: Vigo, Ourense, Lugo e Ferrol. O BNG gaña nas provincias atlánticas e foi grazas a esa vantaxe que logrou o seu escano na Coruña. Vox quedou a 7.973 votos de arrebatarlle o escano. Vox gañou en 173 concellos e o BNG en 139 (en Oímbra houbo un empate), pero o peso dos municipios máis poboados fixo que, no conxunto de Galicia, o Bloque conseguise a cuarta praza. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí