BNG e PSdeG pedirán unha comisión de investigación sobre as residencias
Publicado o 21/09/2020 16:22
Os grupos da oposición van pedir mañá no Parlamento que se cree unha comisión de investigación sobre a covid-19 nas residencias de maiores.
Os populares din que apostan máis polas comisións de estudo, como a que os tres grupos puxeron en marcha para a reactivación económica de Galicia.