CRTVG

Buscar

BNG e o PSOE rexeitan en Pontevedra unha moción do PP que pedía a devolución da débeda que a Xunta reclama ao Estado

Publicado o 25/02/2020 15:11

A polémica pola débeda do Estado ás comunidades autónomas enfronta aos grupos municipais de Pontevedra.

O BNG e o PSOE rexeitaron a moción do PP que pedía a devolución dos cartos. Os dous grupos presentaron argumentos distintos para xustificar a súa oposición. Para os socialistas só ten fins electorais. Os nacionalistas dixeron que están de acordo co fondo, pero non coas formas da moción, que intentaron emendar sen éxito.

Noticias web

25/02/2020