CRTVG

Buscar

BNG e En Marea, en contra de aliarse con forzas estatais como propón Anova

Publicado o 16/12/2019 18:48

A dirección de Anova saída da asemblea da fin de semana, con Antón Sánchez á fronte, proponse atraer a xente das mareas municipalistas e dos colectivos sociais. E para as eleccións autonómicas avoga por unha alianza de partidos.

"Nós cremos que hai que abrir en principio toda a esquerda do Partido Socialista. Diálogo con toda a esquerda do PSOE", dixo Antón Sánchez.

"É unha organización autónoma que toma as súas propias decisións. Que coincidimos no importante, unha alternativa de progreso para derrotar a Feijóo, non hai dúbida", afirmou Luca Chao, de Podemos.

Pero nin BNG nin En Marea comparten a idea de Anova de coaligarse con forzas estatais. Luís Villares di que eles xa foron vítimas dun intento de candidatura unitaria e láianse de que Anova non aprendera da decepción que supuxo.

"Se non aprendemos desa experiencia, incorremos nos mesmos erros. Polo tanto eu moito me temo que o que pretenden Podemos e Esquerda Unida de Anova é simplemente darlle un verniz galeguista para as eleccións autonómica", asegurou Luís Villares.

"Man tendida para todos os que queiran fortelecer a alternativa contra o que representa o PPdeG. É nos temos claro que a alternativa é o BNG. E que se sumas fóra ao mellor restas", dixo a voceira nacional do BNG.

Pontón defende que o proxecto da súa formación medra en apoios electorais porque é sólido e pensado para Galicia.

 

Noticias web

16/12/2019