CRTVG

Buscar

Bloques de formigón impiden a carga e descarga na avenida da Mariña

Publicado o 13/07/2020 15:38

Estes son os bancos da discordia. Colocáronos neste treito da avenida da Mariña, ás portas de varios locais de hostalería, afectando a repartición das mercadorías.

Os repartidores explican que o problema xa vén de atrás e que non son só estes bancos os que dificultan o seu traballo. Por isto, algúns ven necesario que se habilite un espazo para que os repartidores poidan estacionar.

Esta zona, á altura de Palexco, é a que propoñen os hostaleiros.

Noticias web

13/07/2020