CRTVG

Buscar

Bleda e rosa, 'A xeografía do tempo'. Nova exposición no CGAC

Publicado o 19/10/2018 18:09

A mostra 'A xeografía do tempo' dos fotógrafos Bleda e Rosa inaugúrase esta tarde no Centro Galego de Arte Contemporánea. María Bleda e José María Rosa son Premio Nacional de Fotografía do ano 2008 e levan 25 anos traballando sobre a relación entre os lugares e a súa memoria.

Na exposición do CGAC podemos atopar imaxes do seu traballo 'Campo de batalla', que veñen desenvolvendo desde o ano 1994 e que se pode ver completo por primeira vez en Compostela. Xunto a esta serie, integran a exposición 'Campos de fútbol', "Memoriales", 'Origen' e 'Prontuario'. A fotografía de Bleda e Rosa artéllase a partir dun proceso de documentación que busca a evocación no público.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2018