Blanca Millán volve a Santiago e abre unha nova etapa tras 5 anos de formación nos Estados Unidos
Publicado o 11/05/2021 14:36
A piques de facer 23 anos, Blanca Millán volve á súa casa. Abre unha nova etapa. Atrás quedan 5 anos de formación nos Estados Unidos.
En Maine converteuse nun referente. Máxima anotadora do equipo, mellor defensora da liga universitaria... a transfomración de Blanca chegou a todos os niveis.
Quedou ás portas de entrar no Draft da NBA feminina pero os Mystics de Washington non se esqueceron do seu potencial e chamáronnna para facer parte da pretemporada.
Agora dúas semanas de descanso e a buscar o equipo máis axeitado en España, en Europa ou quen sabe. Baxi Ferrol e Duran Maquinaria Ensino poden ser unha opción.