CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Blade Runner 2049, a gran estrela da carteleira

Publicado o 06/10/2017 17:18

Blade Runner 2049
Con Ridley Scott na produción e Denis Villenueve ao mando, a expectación que levanta esta continuación do clásico pasa por comprobar se soporta a comparación a nivel visual e como avanza a historia desde o punto de vista do relato. Ryan Gosling tómalle o relevo a Harrison Ford.

Morir, Fernando Franco
Fernando Franco situouse hai uns anos con La herida coma un dos cineastas máis prometedores do cinema español. En Morir indaga na relación dunha parella afectada pola enfermidade dun deles. Marian Álvarez e Andrés Gertrudix nun tour de force actoral.

La montaña entre nosotros
Kate Winslet e Idris Elba queren demostrar que o amor move montañas. Un accidente aéreo do aeroplano que viaxan déixaos perdidos entre a neve sen posibilidade de rescate. Drama romántico interacial.

La cabaña
A historia dun pai que perde á súa filla nun bosque e non supera o suceso. A modo de fábula, o filme convida a revisar conceptos como a vinganza, a fé, o perdón ou a curación da alma a través do espiritual...

Tu mejor amigo
O can narra o filme para levar ao público a comprender certos comportamentos do xénero humano. Varias historias en diferentes familias do coñecido como mellor amigo do home.

Toc toc toc
Partindo dunha obra de teatro francesa, o filme retrata a xeito de comedia o chamado TOC, Trastorno obsesivo compulsivo. Unha serie de pacientes na sala de espera da consulta dun psicólogo compartirán as súas delrantes experiencias.

Una verdad muy incómoda
Hai dez anos Al Gore colocouse á fronte dun documental sobre o cambio climático que daría moito que falar. Agora, continúa aquela loita con esta frase de marketing: o documental que Donald Trump non quere que vexas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

06/10/2017