CRTVG

Buscar

Biofabri fabricará no Porriño 500 millóns de doses da vacina contra a covid-19

Publicado o 21/10/2020 15:30

O grupo galego Zendal é a primeira farmacéutica seleccionada en Europa como instalación estratéxica para ampliar a fabricación de vacinas contra a covid-19 a nivel internacional.

Na planta do Porriño da súa filial Biofabri poderán fabricar ata 500 millóns de doses ata maio do 2022.

Zendal chegou a este acordo coa Coalición para a Promoción de Innovacións para a Preparación ante Epidemias, unha alianza internacional que procura conseguir 2.000 millóns de doses da vacina para finais do 2021.

Noticias web

21/10/2020