CRTVG

Buscar

Bioenxeñeiros buscan solucións tecnolóxicas contra o avellentamento

Publicado o 10/11/2017 22:11

Bioenxeñeiros de todo o mundo reuníronse en Barcelona á busca de solucións para que poidamos vivir máis anos, con mellor saúde e, sobre todo, con autonomía. A pesar do innovador dalgunhas propostas, os científicos aseguran que non se trata de converternos en medio robots senón de facilitarnos a vida. Xulguen vostedes mesmos.

Parten dunha base e é que en 2050 unha de cada cinco persoas terá mais de 60 anos. O transplante de órganos, por exemplo, será menos viable porque nesa sociedade futura necesitaranse máis órganos e haberá menos doantes de calidade. A solución pasa por crear órganos sans a partir de células nai ou reproducilos directamente nunha impresora 3D.

Se o problema do paciente é a mobilidade, unha aplicación de móbil pode facer o seguimento das apneas do sono  mentres o paciente dorme na súa propia casa.

A bioenxeñería tamén pensa na rehabilitación das persoas que sufriron un ictus. Este xogo de realidade virtual permite mellorar a motricidade de brazos e pernas. Os avances tecnolóxicos conclúen os investigadores- non nos farán medio robots medio humanos. Facilitarannos a vida e, de paso, contribuirán a reducir os gastos sanitarios e de benestar da xente maior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017