CRTVG

Buscar

Bimba y Lola múdase a unha nova sede en Vigo para consolidar a súa expansión

Publicado o 07/11/2019 15:17

A firma de moda galega Bimba y Lola múdase a unha nova sede en Vigo, un centro loxístico co que saca músculo para a distribución.

É só un dos cambios, porque o grupo galego prepara tamén a súa entrada en Hong Kong coa súa primeira tenda. Este mercado está considerado un dos máis importantes para as marcas de luxo.

No primeiro semestre do ano Bimba y Lola rexistrou un crecemento do seu volume de negocio do 12%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019