CRTVG

Buscar

Bimba y Lola estrea novo centro loxístico en Mos tras investir sete millóns de euros

Publicado o 30/04/2019 15:55

As obras do novo almacén en Mos xa están rematadas. Nelas, Bimba y Lola investiu sete millóns de euros. A empresa tamén acaba de anunciar a creación de Bimba y Lola loxística, coa que xestionaran todos os activos, persoal e actividades desta área. Todos estes investimentos responden ao aumento de operacións da plataforma online e á apertura de novos puntos de venda.

O grupo empresarial rexistrou unha facturación de 200 millóns de euros no último exercicio, o que supón un crecemento do 14%. Isto débese, en gran medida, ao crecemento nos mercados internacionais, en que a empresa galega vende o 28% dos seus produtos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019