CRTVG

Buscar

Bimba y Lola consolídase entre os dez primeiros grupos de moda en España

Publicado o 21/03/2019 15:36

Bimba y Lola conta con 272 puntos de venda, e un cento deles están fóra de España. É a aposta pola internacionalización desta empresa galega que no último ano incrementou nun 21% as súas vendas no exterior, cunha forte presenza en países europeos, na América Latina e Asia.

En 2018, a marca facturou máis de 200 millóns de euros e aumentou nun 11% por cento as súas vendas respecto ao ano anterior. Fíxoo nas tendas físicas e na súa canle on line, outro dos piares da firma na construción dunha marca global de referencia cun equipo humano de 1.500 persoas.

Neste proceso de expansión e de mellora da súa infraestrutura loxística para 2020, Bimba y Lola anunciou unha ampliación de capital de 155 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019