CRTVG

Buscar

Bimba&Lola, galardoada co Premio Nacional da Moda

Publicado o 22/10/2020 21:46

A empresa galega Bimba&Lola recibiu un dos premios nacionais da Moda que concede o Ministerio de Industria. A raíña Letizia entregoulle á firma viguesa o premio honorífico á grande empresa, pola súa traxectoria e pola súa crecente expansión internacional.

Bimba&Lola, fundada en 2005 polas irmás Uxía e María Dominguez, conta hoxe con 275 tendas en 14 países, e a súa páxina web recibe milleiros de visitas. Nesta edición, os galardóns recoñeceron a resposta da industria da moda ante a pandemia do coronavirus.

Entre os premiados están tamén o modisto Custo Dalmau ou a Universidad Villanueva.

Noticias web

22/10/2020