Biden retirará as tropas de Afganistán antes de setembro
Publicado o 13/04/2021 21:27

Os Estados Unidos sairán de Afganistán antes de setembro. Joe Biden anunciará este mércores a retirada dos 3.500 soldados despregados no país asiático.
Segundo a Casa Branca, será unha saída sen condicións e coordinada coa OTAN. A intención do presidente é completala antes do 11 de setembro, cando fai 20 anos dos atentados que deron orixe á ocupación do país.