CRTVG

Buscar

Biden paraliza a guerra comercial coa UE tras acordar a suspensión de aranceis

Publicado o 05/03/2021 21:18

Europa e os Estados Unidos comezan o desxeo das súas relacións. As dúas partes acaban de suspender este mesmo serán a súa guerra de tarifas comerciais, polas axudas ilegais que cada parte ofreceu aos xigantes aeronáuticos Boeing e Airbus.

Coa chegada da Administración Biden a relación transatlántica recupera o seu vigor. Este venres o presidente norteamericano e a xefa da Comisión Europea pactaron por teléfono rematar coas represalias comerciais.

Non haberá subidas de aranceis contra produtos agrícolas, alimenticios ou industriais durante catro meses. E nese tempo a UE e os Estados Unidos comprométense a atopar unha solución ás súas disputas aeronáuticas.

É o comezo do desxeo. Bruxelas e Washington recoñecen o enorme traballo conxunto por diante para loitar contra a pandemia da Covid e mellorar a produción global de vacinas.

En España, o Goberno celebra esta suspensión da guerra comercial como unha excelente nova para o sector agroalimentario, que sufrira subidas nos aranceis á súa venda nos Estados Unidos.
 

Noticias web

05/03/2021