Biden insta a Moscova a actuar contra o grupo responsable do ciberataque a un oleoduto
Publicado o 14/05/2021 08:46

Joe Biden insta ao Goberno ruso de Putin a tomar medidas contra o grupo responsable do ciberataque ao oleoduto. O presidente estadounidense di que non hai probas de que o Kremlim estea involucrado nesta grave ofensiva, pero asegura que o grupo que extorsionou á empresa Colonial opera dende solo ruso, e por tanto Moscova ten —asegura Biden— responsabilidade no asunto.
O ataque contra un dos maiores oleodutos dos Estados Unidos obrigou a parar a infraestrutura durante días e causou problemas de subministración.