CRTVG

Buscar

Biden esixe ao Congreso colaboración para aumentar o control de pistolas e rifles

Publicado o 09/04/2021 08:54
Biden esixe ao Congreso colaboración para aumentar o control de pistolas e rifles

O presidente estadounidense Joe Biden anunciou unha serie de medidas de alcance limitado para atallar a violencia con armas de fogo e esixiu ao Congreso que deixe de bloquear calquera intento de aumentar o control de pistolas e rifles.

Biden cualificou de epidemia a violencia armada e dixo que é unha vergoña internacional para o país. O presidente lembrou que cada día morren 106 persoas por disparos nos Estados Unidos e que este tipo de violencia afecta máis ás poboacións negra e latina.

Noticias web

09/04/2021