CRTVG

Buscar

Biden escolle como candidata á vicepresidencia a senadora afroamericana Kamala Harris

Publicado o 11/08/2020 23:24
Biden escolle como candidata á vicepresidencia a senadora afroamericana Kamala Harris

O  candidato demócrata á presidencia dos Estados Unidos, Joseph  Biden, comunicou este martes de xeito formal a súa decisión de escoller como aspirante á vicepresidencia a senadora afroamericana Kamala Harris para as eleccións presidenciais do vindeiro 3 de novembro.

Filla de pai xamaicano e nai india, a aspirante á vicepresidencia foi fiscala xeral de California. Harris presentouse ás primarias demócratas, en que tivo incluso varios choques con Biden.

O demócrata xa anunciara a súa intención de escoller unha muller como compañeira de candidatura. Entre as aspirantes ás que se impuxo Harris están a ex-asesora de Seguridade Nacional Susan Rice ou a senadora Elizabeth Warren.

Durante a próxima semana os demócratas celebrarán a Convención Nacional, en que nomearán oficialmente a Biden como candidato, malia que por mor da crise sanitaria será virtual.