CRTVG

Buscar

Biden e Putin veranse o 16 de xuño en plena tensión entre ambos os países

Publicado o 26/05/2021 08:43
Biden e Putin veranse o 16 de xuño en plena tensión entre ambos os países

O primeiro cumio ruso-estadounidense desde que Joe Biden chegou á Casa Branca xa ten data e sede. Será en Xenebra o próximo 16 de xuño, e sobre a mesa estarán os principais asuntos que tensan as relacións entre ambos os países: o conflito de Ucraína, o réxime de Bielorrusia e os ciberataques aos Estados Unidos supostamente impulsados desde Moscova. O cumio parte dunha iniciativa de Biden, que antes de falar con Putin visitará O Reino Unido para participar no G7 e logo trasladarase a Bruxelas para participar no encontro anual da OTAN e reunirse coa Unión Europea.

Noticias web

26/05/2021