Biden e Putin reúnense en Xenebra para buscar liñas de cooperación
Publicado o 16/06/2021 08:23

O esperado encontro entre o presidente dos Estados Unidos Joe Biden e o presidente de Rusia Vladimir Putin producirase este mércores en Xenebra co obxectivo de limar asperezas entre as dúas potencias. A última vez que se viron foi en 2011, en Moscova, cando Biden era vicepresidente de Barack Obama e Putin primeiro ministro. Unha década despois, as relacións entre Rusia e os Estados Unidos están no seu punto máis baixo desde a Guerra Fría. Na axenda estarán Ucraína, Oriente Próximo e o programa nuclear iraniano, pero tamén a loita contra a ciberdelincuencia e a persecución da oposición rusa.