CRTVG

Buscar

Biden convoca un cumio do clima telemático

Publicado o 27/03/2021 00:20
Biden convoca un cumio do clima telemático

Biden convoca un cumio sobre o cambio climático

O Presidente dos EEUU, Joe Biden, convidou a corenta líderes mundiais a un cumio sobre o cambio climático o vindeiro día 22 de abril. O encontro desenvolveriase por video conferencia. Con esta iniciativa Biden alónxase das políticas medio ambientais do seu predecesor da Casa Branca, Donald Trump. Biden tenta tamén reforzar unha alianza internacional coas principais economías do mundo para afrontar a crise climática. Nun comunicado, a Casa Branca avanzou que EEUU anunciará nese cumio un "obxectivo cobizoso" para reducir as emisións e evitar o quecemento global de cara a 2030. Entre os convidados están os presidentes de Rusia, Vladimir Putin, e de China, Xi Jinping.