CRTVG

Buscar

Biden conversa con Putin tras impoñer sancións a Rusia polos ciberataques e a inxerencia

Publicado o 15/04/2021 23:36

• "É o momento de desescalar", asegurou o presidente dos EUA

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, dixo este xoves que tivo unha conversa telefónica "respectuosa" e "sincera" co seu homólogo ruso, Vladímir Putin, a principios desta semana. "Cando falei co presidente Putin expreseille a miña crenza de que a comunicación persoal e directa entre os dous é esencial para avanzar cara a unha relación máis efectiva, e el estivo de acordo con ese punto", afirmou Biden durante un discurso sobre Rusia desde a Casa Branca.

Os EUA impuxeron este xoves unha dura batería de sancións contra Rusia e expulsaron dez membros da súa legación diplomática polos presuntos ciberataques de Moscova, a súa inxerencia nas eleccións estadounidenses, a ocupación de Crimea e as recompensas polos seus soldados en Afganistán.

 

Noticias web

15/04/2021