CRTVG

Buscar

Biden consolida a súa vantaxe en Pensilvania e Xeorxia

Publicado o 06/11/2020 20:36

Joe Biden ponse por diante en Xeorxia e Pensilvania e consolida a súa vantaxe en 4 dos 6 estados que aínda non remataron o escrutinio. A de Xeorxia é unha vitoria por apenas 1.000 votos, unha marxe tan escasa que permite aos republicanos pedir un novo reconto. Os resultados poderían demorarse ata finais de mes, aínda que Biden podería non ter que agardar tanto se logra os 20 delegados en xogo en Pensilvania. O demócrata pedia calma mentres que o equipo de Trump anunciaba novas demandas

. Nas últimas horas, o presidente volveu acusar sen probas o seu rival de querer roubar as eleccións. Palabras que levaron as principais televisións estadounidenses a interromper a transmisión da comparecencia e varios republicanos a colgar mensaxes rexeitando o que acababan de oír.

Outra cousa é o efecto na rúa: ás portas dos centros de reconto, como neste de Arizona, seguen xuntándose partidarios de Trump con intencións bastante pouco tranquilizadoras.
 

Noticias web

06/11/2020