Biden chega ao Reino Unido para reunirse con Johnson e participar no cumio do G7
Publicado o 10/06/2021 09:09

Xa está en Europa Joe Biden. O presidente dos Estados Unidos chega como convidado ao cumio do G7 para reafirmar os lazos que rompeu o seu antecesor Donald Trump e co foco posto na China. É a súa primeira viaxe internacional. A xira de oito días inclúe tres países e unha chea de reunións. Hai expectación na xuntanza prevista co presidente ruso. Biden reunirase este xoves co primeiro ministro británico Boris Johnson e despois trasladarase a Cornualla, no suroeste inglés, para participar no cumio do G7. Sobre a mesa de negociacións estará a saída de crise provocada pola pandemia, a loita contra o cambio climático, a hexemonía da China e os ciberataques lanzados desde Rusia.