CRTVG

Buscar

Biden chama "terroristas domésticos" aos asaltantes do Capitolio

Publicado o 07/01/2021 20:30

O presidente electo dos Estados Unidos, Joe Biden, cualificou este xoves como "terroristas domésticos" aos seguidores do mandatario Donald Trump que asaltaron onte o Congreso, nunha caótica xornada que deixou catro mortos. 

"Non foi desorde. Non foi unha protesta. Non lles chamemos manifestantes. Eran unha turba de alborotadores, insurxentes, terroristas domésticos", dixo Biden nunha intervención desde Wilmington (Delaware).   

O presidente electo dos Estados Unidos presentou esta tarde os seus candidatos para liderar o Departamento de Xustiza. Biden propuxo para ocupar a Fiscalía Xeral un xuíz vetado polos republicanos para o Tribunal Supremo durante a administración de Obama.

Joe Biden non terá dificultades nin para que os candidatos do seu gabinete sexan aprobados nin tampouco para poñer en marcha a súas políticas porque os democrátas controlarán o Senado ao conseguir os dous escanos de Xeorxia nas eleccións celebradas o martes. No Congreso os demócratas xa tiñan maioría.

Noticias web

07/01/2021