CRTVG

Buscar

Biden cambia o Día de Colón polo Día dos Pobos Indíxenas

Publicado o 12/10/2021 20:46

A figura de Cristovo Colón nos Estados Unidos non está no seu mellor momento. Hai uns días o presidente Joe Biden cambiou o Día de Colón polo Día dos Pobos Indíxenas, e nos últimos anos retiráronse 40 estatuas. Quedan arredor de 130.

Paradoxalmente, Colón foi un símbolo de inclusión e tolerancia. Os inmigrantes italianos, orixinalmente vítimas de racismo, reivindicaron a figura do xenovés para expresar a súa pertenza ás Américas. Pero os mitos evolucionan e, desde a esquerda, Colón é visto agora como o emblema do colonialismo branco.

Non é o único personaxe que está a ser revisado. O mesmo sucede con outras figuras vinculadas coa conquista, por exemplo o colono John Mason ou presidentes que tiveron escravos, como T. Jefferson ou George Washington.

Noticias web

12/10/2021