Biden autoriza o primeiro ataque no estranxeiro contra instalacións supostamente iranianas en Siria
Publicado o 26/02/2021 17:57

Os Estados Unidos lanzaron de madrugada un ataque aéreo contra instalacións das milicias proiranianas en Siria. Este bombardeo supón o primeiro ataque no estranxeiro ordenado por Biden. Destruíu varias instalacións empregadas, supostamente, por grupos milicianos que estarían sendo apoiados por Irán. Fontes non oficiais cifran en 17 as vítimas mortais. O Pentágono considera que é unha resposta proporcionada despois dos ataques recentes sufridos por personal estadounidense e da coalición en Iraq.