CRTVG

Buscar

Biden anuncia vacinas para todos en maio e apunta o 4 de xullo para a normalidade

Publicado o 12/03/2021 09:36

Nos Estados Unidos Joe Biden conmemora o primeiro ano da pandemia cunha mensaxe optimista á nación. No seu primeiro discurso televisado, en horario de máxima audiencia, o presidenteu prometeu vacinas de balde para todos os cidadáns maiores de 18 anos a partir do 1 de maio.

Tamén apuntou o 4 de xullo, festa nacional, para a volta a algo semellante á normalidade. Con todo, chegará, dixo, a "independencia do virus". Biden anunciou a compra de cen millóns de doses da vacina de Janssen. Porén, Biden insistiu en pedir prudencia.

 

Noticias web

12/03/2021