CRTVG

Buscar

Biden anuncia un plan de rescate de dous billóns

Publicado o 15/01/2021 09:52

A cinco dias de asumir a presidencia dos EUA, Joe Biden dixo estar confiado en que o Senado saiba compaxinar as súas responsabilidades no xuízo politico a Donald Trump sen esquecer os asuntos urxentes da nación. 

Temos que actuar e temos que actuar agora, dixo Biden, que lles pide aos senadores que nada máis xurar o seu cargo o próximo día 20 confirmen con rapidez un novo goberno que poida comezar a traballar de inmediato.

O presidente electo dixo que desde o primeiro momento haberá que afrontar a pandemia e unha economía en crise e anunciou un plan de rescate de dous billóns de dólares para os fogares e as empresas dos EUA.

Era a primeira comparecencia pública de Biden logo de que a Cámara de Representantes dese luz verde ao segundo xuízo político a Trump.

Acompañado pola vicepresidenta Kamala Harris, Biden dixo que tratará nos seus primeiros 100 días de presidencia de ter vacinados uns cen millóns de estadounidenses, porque, dixo, non había tempo que perder nin era momento de quedar de brazos cruzados.

Noticias web

15/01/2021