CRTVG

Buscar

Biden anuncia o regreso do país á primeira liña do panorma internacional

Publicado o 29/04/2021 08:41

O presidente estadounidense Joe Biden aproveitou o seu primeiro discurso diante das dúas cámaras do Congreso, reunidas en sesión conxunta, para anunciar o regreso do país á primeira liña do panorama internacional.

Durante pouco máis dunha hora, o presidente estadounidense falou do programa de vacinación contra a covid−19, dos seus plans en infraestruturas, de inmigración, de brutalidade policial contra as minorías e de control de armas.

En política exterior advertiu que non desexa unha escalada da tensión con Rusia pero que calquera acción de Moscova terá consecuencias.

Biden prometeu tamén que os Estados Unidos serán un arsenal de vacinas para o resto do mundo e defendeu a necesidade de subir os impostos ás grande empresas e ás grandes fortunas.