CRTVG

Buscar

Biden anuncia a protección temporal dos venezolanos que residen nos EUA

Publicado o 08/03/2021 22:32
Biden anuncia a protección temporal dos venezolanos que residen nos EUA

O presidente estadounidense Joe Biden planea outorgar a uns 320.000 venezolanos que xa se atopan nos EUA un permiso migratorio coñecido como Status de Protección Temporal (TPS, en inglés), que lles permitirá traballar e residir legalmente. Nunha chamada coa prensa, dous altos funcionarios do Goberno adiantaron a medida de Biden, que terá unha vixencia de 18 meses, aínda que podería prorrogarse, e que só poderán solicitar os venezolanos que xa estean nos EUA a data de hoxe, 8 de marzo de 2021.

Noticias web

08/03/2021