CRTVG

Buscar

Bidasoa Irún demostra o seu potencial na pista do Cisne (21-31)

Publicado o 15/11/2020 10:11

O Bidasoa Irún demostrou ser un dos mellores equipos da Asobal na pista do Cisne. En ningún intre lle deu opcións ao equipo pontevedrés, ao que derrotou por 21-31. 

Con pleno de vitorias (8 de 8) o cadro irundarra comezou dominando desde o primeiro minuto (parcial de 1-6 de inicio). O Cisne conseguiu aguantar ese pulo inicial e mantívose a 4-5 goles durante moitos minutos pero no treito final da primeira metade a diferenza foise ata os 9 goles (7-16).

O partido quedou sentenciado no descanso e na segunda parte houbo un intercambio de golpes sen que perigase o triunfo do Bidasoa. 

Os pivotes foron os xogadores máis destacados do encontro. Dani Ramos, con 6 goles, foi o mellor do Cisne e Iker Serrano (7 tantos) o do Bidasoa. 

Noticias web

15/11/2020