CRTVG

Buscar

Biblioterapia: os libros como complemento ás terapias de saúde mental

Publicado o 16/01/2019 16:59

Os libros curan, e esa filosofía é a que inspira o proxecto Biblioterapia, que se estrea na biblioteca pública de Santiago. Consiste nunha colección de 142 libros recomendados como complemento ás terapias de diversos problemas de saúde mental.

A selección, realizada por un grupo de traballo integrado por expertos sanitarios, profesionais das bibliotecas e asociacións de pacientes, estará dispoñible na rede de bibliotecas e tamén nos hospitais.

Beatriz Allegue, Axencia do Coñecemento en Saúde: "Existe evidencia científica clara de que a biblioterapia pode mellorar a saúde e o benestar, e así se reflexa na actualidade nas principais guías de práctica clínica no ámbito da saúde mental, que recomendan o uso dos libros e material de autoaxuda para transtornos mentais como a depresión, a ansiedade, o trastorno obsesivo compulsivo e trastornos de alimentación".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019