CRTVG

Buscar

Beto da Silva e Montero, dispostos a aproveitar a cesión ao Deportivo

Publicado o 04/09/2019 18:14


E o Deportivo comezou a presentar as novas incorporacións. Lembren que o sábado recibe o Albacete en Riazor. Presentación en Abegondo do peruano Beto da Silva, atacante... levará o dorsal 18... e do central Francisco Montero lucirá o número 15 nas costas. Os dous poderán debutar xa esta tarde no Memorial Moncho Rivera que vai enfrontar o Deportivo co Rácing de Ferrol na Malata.

Para as carreiras futbolísticas de Montero, de 20 anos, e Beto da Silva, de 23, o Deportivo supón unha oportunidade:  "É un reto importante dar o salto desde unha categoría máis baixa. Afrontalo da mellor maneira e facer un bo ano".

Beto da Silva: "Sen dúbida é unha linda oportunidade persoal poder volver a Europa, a unha linda liga. Encontro aquí un grande equipo, con grandes xogadores. Dando o máximo de min, vou poder achegar o equipo".

Luiz Humberto da Silva vén cedido polo Tigres méxicano. Desenvólvese tanto polo banda como en punta: "Tiven a oportunidade de xogar nesas dúas posicións. Creo que as fago ben. No que o profesor me necesite eu estou preparado para xogar en calquera posición".

O central Francisco Montero renovou ata 2024 polo Atlético de Madrid, equipo co que xa debutou en liga e na Liga de Campións: "Tiven varios equipos máis. Agardei ata última hora a ver que me saía. Tiven a oportunidade de vir ao Depor e collino con ilusión e contento".

Beto da Silva e Montero están convocados para o amigable desta tarde contra o Rácing. Tamén viaxarán a Ferrol Jovanovic e Salva Ruiz.
 

Noticias web

04/09/2019