CRTVG

Buscar

Beto O'Rourke, o carismático demócrata que aspira a vencer a Trump

Publicado o 21/03/2019 20:33

Queden con este nome, Beto O'Rourke, porque podería ser o próximo presidente dos Estados Unidos. Era só un máis dos 14 candidatos ás primarias do Partido Demócrata pero está levantando paixóns e recadando para a campaña máis cartos que Bernie Sanders, ata agora o favorito.

Novo e carismático, xa hai quen o compara con Obama e Bobby Kennedy. Aspira a competir contra Donald Trump cun discurso centrista no económico e pro inmigración. É de Texas e fala perfectamente español.

Noticias web

21/03/2019