CRTVG

Buscar

A vila de Betanzos celebra a VII Semana da Tortilla, a súa estrela gastronómica

Publicado o 12/10/2017 21:06

A estrela da gastronomía en Betanzos é a tortilla. Alí está a celebrarse a sétima edición da semana dedicada a ese afamado prato.

Un ano máis, os establecementos hostaleiros de Betanzos están entregados estes días á Semana da Tortilla, que comezou o pasado día 6 e rematará o domingo vindeiro. Desta volta participan vinte e catro locais que, ao igual ca en anos anteriores, serven petiscos desta tortilla de sona. Segundo os entendidos, o requisito para que un tortilla sexa de Betanzos é que ten que estar pouco feita. Un xurado será o encargado de elixir a mellor entre as cinco finalistas.

As rúas de Betanzos énchense para degustar o seu prato estrela: a tortilla. A súa receita é coñecida polo seu punto de cocción, pouco feita. E dela presumen os veciños da vila. Catro ingredientes -ovo, pataca, aceite e sal de calidade- conforman a mestura de sabores deste manxar.

A mesma receita, pero co toque que cada cociñeiro lle dá na elaboración. Este ano, vinte e catro establecementos participan na Semana da Tortilla. Ofrecen tapas a un euro e medio, pero saben que os padais máis esixentes serán os do xurado. Entre o público quen a proba repite. O domingo o xurado do concurso dará a coñecer cal é a mellor tortilla de entre as cinco finalistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017