CRTVG

Buscar

Bescansa e Liceras, candidatos de Más País

Publicado o 06/10/2019 20:21

Esta era a presentación da candidatura de Carolina Bescansa cando tentou liderar Podemos Galicia. Nese posado conxunto do seu equipo aparece Daniel Liceras, que encabezará a lista ao Congreso por Pontevedra. Son as escasas imaxes que tiveron proxección mediática de Liceras, un licenciado en Físicas e fundador de Xesmega, unha sociedade de servizos de xestión ambiental. Ademais, foi responsable de área de medio ambiente de Podemos Galicia.

A cabeza de lista pola Coruña, Carolina Bescansa, reclamaba hoxe unha cultura política do consenso fronte a aqueles que negociaron - dixo- "coma se estivesen nunha mesa de póker".

"Creo que teño, por un lado, unha vocación e unha vontade de apoiar e de xerar forza neste proceso de desbloqueo e de achegar construtividade a un horizonte tan malo co que saímos desta negociación fracasada, pero tamén aspiro a poder achegar e apoiar peso á voz de Galicia en España", sinalou Bescansa.

Os máis de 20.000 inscritos de Más País no ámbito estatal teñen ata as dez desta noite para votar a ratificacións das listas electorais, entre elas as encabezadas por Carolina Bescansa e Daniel Liceras.

Noticias web

06/10/2019