CRTVG

Buscar

Bescansa, na comisión de expertos do CIS para estudar melloras nas enquisas electorais

Publicado o 18/02/2019 22:54
Bescansa, na comisión de expertos do CIS para estudar melloras nas enquisas electorais

A deputada de Podemos Carolina Bescansa incorporarase á comisión de expertos creada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para estudar melloras na chamada 'cociña' das enquisas electorais.

Esta comisión, anunciada polo presidente do CIS, José Félix Tezanos, constituíuse a pasada semana cunha primeira listaxe de 27 expertos propostos por universidades, colexios profesionais de sociólogos e politólogos, e empresas enquisadoras.

A Universidade Complutense de Madrid é quen propuxo o nome de Carolina Bescansa, que é doutora en Ciencia Política e Socioloxía. Así o confirmou a propia Carolina Bescansa, que o pasado mes de outubro puxo data de caducidade á súa etapa de deputada do Congreso. En concreto, e tras perder as primarias de Podemos Galicia, anunciou que deixaría o escano en canto terminase no seu labor as comisións parlamentarias das que participa, algo que ocorrerá o próximo 5 de marzo coa disolución das Cortes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2019