Bescansa apoia que a dirección de Podemos audite as votacións das primarias
Publicado o 23/01/2019 20:03
A Comisión de Garantías de Podemos Galicia solicítalle á dirección do partido en Madrid que audite as votacións das primarias. A través dun chío, Carolina Bescansa fixo público o seu apoio a esa solicitude. Ademais, pídelle a Antón Gómez-Reino, actual secretario xeral de Podemos Galicia, que tamén solicite a auditoría. Nas primarias que cuestiona a Comisión de Garantías, Gómez-Reino impúxose a Carolina Bescansa.