CRTVG

Buscar

Berlusconi, hospitalizado "cunha doenza pulmonar leve" tras dar positivo en coronavirus

Publicado o 04/09/2020 17:47
Berlusconi, hospitalizado "cunha doenza pulmonar leve" tras dar positivo en coronavirus

Silvio Berlusconi, hospitalizado tras dar posivito por coronavirus, padece unha doenza pulmonar leve. Segundo o médico persoal do ex-primeiro ministro italiano, a súa situación clínica é tranquilizadora. Asegura que non está en coidados intensivos, nin intubado e que respira de xeito autónomo. O facultativo recomendou o seu ingreso porque é un paciente de risco, con 83 anos e patoloxías cardiovasculares previas.

Noticias web

04/09/2020