CRTVG

Buscar

Berlín comeza unha semana de actos para conmemorar os 30 anos da caída do muro

Publicado o 04/11/2019 08:33

Fai 30 anos do que, para moitos historiadores, foi o acontecemento que marcou a fin do século XX. A caída do muro de Berlín foi posible un 9 de novembro de 1989, tras a confluencia de varios acontecementos xeopolíticos e, especialmente, pola presión social dos berlineses do leste e as súas demandas de liberdade. Hoxe incian unha semana de celebracións para conmemorar un momento que lles cambiou a vida.

Pasaron 30 anos desde aquel 9 de novembro de 1989 en que televisións de todo o mundo retransmitiron a fin dunha época. A represión do réxime comunista da Alemaña oriental colapsaba baixo a presión das manifestacións e as fuxidas masivas.

Un dos primeiros en cruzar aquela noite histórica foi Andreas Falge, que hoxe cruza a pé a ponte de Bösebrüke, antiga travesía fronteiriza. Aos seus 61 anos, lembra cun sorriso como unha multitude eufórica corría cara ao oeste. El, cunha chaqueta de coiro, a súa tarxeta de idemntificación e un mapa da cidade por toda equipaxe.

Ese día en Berlín Leste, no Stasi, no temido Ministerio de Seguridade do Estado, a policía secreta comezaba a triturar os seus arquivos. Barbara Pönish traballa agora reconstruíndo como un quebracabezas aqueles anacos que conforman a historia da represión, das familias rotas, dunhas forzas de seguridade con orde de disparar e matar todo o que ousase saltar o muro de aceiro. Historias de espías da KGB e da CIA, como esta muller, agora unha xubilada de 74 anos, experta en micros ocultos, perrucas e salas de interrogatorio que hoxe, como as que hoxe expoñen no Museo dos Espías de Washington.

Coa caída no muro rematou a guerra fría, e hoxe, 30 anos despois, comeza en Berlín unha semana repleta de actos para celebralo. A primera, esta instalación artística na porta de Brandemburgo, construída con máis de 30.000 mensaxes de cidadáns sobre o que representou para eles ese acontecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019