CRTVG

Buscar

Berizzo non adestrará o Celta

Publicado o 01/11/2019 21:17

Moitos consideraban a Berizzo como a peza final da operación retorno. O adestrador arxentino falou hoxe do Celta. Fíxoo nunha conferencia de prensa coa selección de Paraguai. Preguntáronlle se recibira a chamada do Celta, e isto foi o que contestou: "Non me permito escoitar ningunha oferta porque teño contrato en activo e así será. Tamén deixar claro que como me coñecen ninguén me chama para me ofrecer traballo ou alternativas porque saben cal é a miña resposta e a miña resposta é que o meu compromiso, o meu contrato, o meu traballo é aquí e así será. O Celta de Vigo é xente que coñezo obviamente porque atravesei moitos anos aí como xogador e adestrador, coñécenme e coñecen a miña resposta, por iso tamén desminto a chamada e a oferta porque non existiron e antes de que iso suceda, como me coñecen e saben cal vai ser a miña resposta, que é esta, nin o tentan".

 

Noticias web

01/11/2019