Berizzo insiste: "A eliminatoria co Valencia non está sentenciada"
Guidetti, Fontás e Orellana, este último xa coa alta médica, non entraron na convocatoria. Si o fixo Álvaro Lemos, habitual descarte nos partidos de Liga. Berizzo non quere relaxación malia o 1-4 da ida
E mañá o Celta debería certificar a clasificación para os cuartos de final. Berizzo di que non se fía, pero o marcador da ida dálle para facer rotacións ante o Valencia.
Guidetti, Fontás e Orellana, este último xa coa alta médica, non entraron na convocatoria. Si o fixo Álvaro Lemos, habitual descarte nos partidos de Liga. Berizzo non quere relaxación malia o 1-4 da ida.
A Berizzo, como a todos os adestradores, gustaríalle ter xa os reforzos de inverno na casa. De feito comentara no seu día que non lle gustaría que chegasen no último momento. Aínda hai tempo, pero o técnico do Celta prefire non falar moito do tema.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí