CRTVG

Buscar

Bergantiños: "O principal problema é de autoestima tanto individual coma colectiva"

Publicado o 04/10/2019 20:49

Alén do adestrador, Alex Bergantiños pon o dedo na chaga do equipo: "Peor non o podemos facer. Os erros que estamos tendo e a maneira na que estamos apañando goles creo que son impropios do nivel dos xogadores que hai"

Xogadores que, no seu criterio, navegan nun mar de desconfianza. "O principal problema que hai é de autoestima tanto individual coma colectiva. O equipo vénse abaixo facilmente, ten unha inseguridade que fai que ao mínimo detalles xa recibes e iso tamén moitas veces é motivado por iso, porque non temos confianza en nós mesmos e no do lado", recoñece o centrocampista herculino.

O máis urxente, para o capitán e tapar unha enorme vía de auga: dezasete goles en nove partidos. "Ou empezamos a defender mellor colectivamente todos en todo tipos de accións, xa sexa de balón parado ou de xogo e a partir de aí imos medrando aos poucos ou imos seguir con esas dúbidas e esa desconfianza", apunta Bergantiños

Por último, o capitán prégalle a afección que non abandone o equipo nun momento tan delicado
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019