CRTVG

Buscar

Bergantiños:·"Demostramos que tivemos personalidade para seguir competindo"

Publicado o 18/06/2020 21:14

As sensacións que deixou o empate do Deportivo en Oviedo melloran coas horas. Imponse a idea de que o equipo reaccionou a unha desastrosa primeira parte.

Bergantiños: "Demostramos que tivemos personalidade para seguir competindo, impoñernos ao rival na segunda parte, e a min dáme confianza para afrontar todo o que nos espera"

Tamén quedou resolto o 'gol average' co Oviedo. Pero Vázquez cre que hai que chegar aos 52 puntos, cinco vitorias.

Vázquez: "Hai que gañar cinco partidos"

Fernando Vázquez acertou coas correccións, pero recoñece que non lle funcionou o seu plan de xogo para esta liga exprés.

Vázquez: "Non está a funcionar cando eu penso que debería. A ver que facemos para o sábado"

Bergantiños cre que unha vitoria lanzará o Deportivo.

Bergantiños: "Hai que ter tranquilidade e mirar ao próximo partido porque non hai respiro. Hai que intentar gañar xa"

O Raio Vallecano é o rival do sábado en Riazor.

Noticias web

18/06/2020