CRTVG

Buscar

Bergantiños declara na comisaría de Lonzas polo audio filtrado

Publicado o 05/08/2020 16:21

• Interpuxeron unha denuncia por un posible amaño de partido

• "Estou moi tranquilo, non fixen nada malo", dixo o capitán

A Bergantiños tomáronlle declaración na comsiaría de Lonzas despois da denuncia do departamento de integridade da Liga de Fútbol Profesional, que loita contra a fraude deportiva. Ao capitán do Deportivo preguntáronlle polo audio que se filtrou este martes.

Álex Bergantiños R. C. Deportivo "Ese audio mostra o hastío pola situación que vivimos".

Os xogadores séntense usados e desamparados.

Álex Bergantiños R. C. Deportivo "Aquí sae Álex Bergantiños a falar, pero CSD, Federación, Liga, AFE... Todo o mundo ampárase baixo unhas siglas e os únicos que saímos a poñer a cara e facer declaracións somos os xogadores".

O capitán deportivista ten duras palabras para o compañeiro que filtrou o audio á cadena COPE.

Álex Bergantiños R. C. Deportivo "Paréceme un acto de covardía sacar cousas internas, pero tampouco podo buscar moito máis porque estou convencido de que quen foi non vai saír nin a pedir disculpas nin a dIcilo".

Noticias web

05/08/2020