CRTVG

Buscar

Benvidos, Antón e Guillermo! Os primeiros galegos nados no 2021

Publicado o 01/01/2021 11:31

Pasaban cinco minutos das doce da noite e naceu Antón. Seus pais e os sanitarios que o acompañaron na súa chegada ao mundo non comeron as uvas, pero ben seguro que recordarán este día.

Antón é o primeiro ourensán nacido no ano 2021. Fíxoo no complexo hospitalario da capital das Burgas. Pesou ao nacer 3,04 kg. Os seus pais chámanse María e Daniel e este é o seu primeiro fillo. 

Á mesma hora nacía no hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa, Guillermo, que superou a marca de Antón e chegou ata os 3.280 gramos de peso.