Benteler creará preto de 200 empregos ao centralizar a soldadura en Mos
Publicado o 29/03/2019 17:55
A factoría que a multinacional Benteler constrúe en Mos vaise converter na planta intelixente para o xigante alemán en toda Europa. Comezará a producir no mes de xuño e creará preto de 200 empregos.
Esta é a segunda planta que abre en Galicia. Nesta de Mos Aquí centrará os traballos de pintura, corte por láser e soldadura para compoñentes de vehículos. O seu principal cliente será a factoría viguesa de PSA.
O conselleiro de Economía destaca a importancia destes proxectos para o sector da automoción e a economía galega.